luns, 12 de maio de 2025

LIMPEZA DA PRAIA DE RIANXO, 5º INFANTIL

 

Limpeza na Praia de Rianxo: Pequenos Xestos, Grandes Cambios 🌍

A rapazada de 5º de Infantil do CEIP Agro do Muíño, puxeron as mans na area para coidar un espazo natural tan fermoso como a praia de Rianxo. 🐚

En colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames, e coa valiosa axuda de Xuxo e Sergio, dous grandes aliados na tarefa de concienciación ambiental, organizamos unha xornada de limpeza na praia nun día radiante de sol ☀️.

Os nenos e nenas demostraron que, aínda sendo pequenos, poden facer grandes cousas: recolleron quilos de lixo, entre eles plásticos,puntas de batea, redes, cordas, suelas de zapatillas, e todo tipo de residuos que nunca deberían rematar no mar 🌊. 

A xornada tamén incluíu unha visita moi especial: achegáronse á escultura Homenaxe Ás Xentes do Mar, deseñada por Isaac Díaz Pardo, situada en Rianxo. Alí, coñeceron un pouco máis sobre a tradición mariñeira da vila e sobre a importancia do traballo das persoas que viven e coidan do mar, xeración tras xeración. Un momento perfecto para conectar cultura, historia e respecto pola natureza.

✨ Cada pequeno xesto conta para evitar que os residuos acaben no mar.
🌊 Xuntos, demostramos que un mar sen lixo é posible!

🎬 Preme no vídeo Limpeza dunha praia e descubre como a cativada de 5º de Infantil fixo da Praia de Rianxo un lugar máis limpo, fermoso e sostible: