O poder do Magnetismo en Infantil
A rapazada de 4º B de Infantil tivo a sorte de contar coa colaboración de Manuel, alumno da USC, que estivo realizando o seu período de prácticas con nós.
Entre as moitas actividades que Manuel organizou neste tempo, queremos destacar unha proposta educativa moi especial e divertida: un obradoiro de experimentación co magnetismo. Os nenos e nenas puideron aprender, de forma práctica e vivencial, como funcionan os imáns e que corpos se atraen ou se repelen. Formulando hipóteses, experimentando, observando e sacando conclusións, a cativada mergullouse no marabilloso mundo da ciencia.
Durante todo o proceso, desfrutamos de momentos cheos de emoción e descubrimentos grazas aos xogos e experimentos que Manuel nos foi propoñendo. Ademais de achegármonos á ciencia, esta experiencia tamén nos axudou a reflexionar sobre a importancia de ciencia na nosa vida.
A rapazada está encantada de compartir con vós esta divertida experiencia e agarda que vos anime a experimentar tamén na casa, sempre coidando do noso planeta.