xoves, 1 de maio de 2025

PROTEXENDO O LITORAL: O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA EN ACCIÓN

 

Limpeza na Praia de Boiro: Pequenos Xestos, Grandes Cambios 🌍

A contaminación mariña, especialmente a causada polos plásticos, supón unha ameaza real para os nosos ecosistemas. Isto foi algo que puideron comprobar de primeira man a rapazada de 2º de Primaria do colexio Agro do Muíño, que puxeron mans á obra para protexer e coidar este espazo natural tan especial. 🐚

En colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames, organizamos unha xornada de limpeza na praia, coa inestimable axuda de Xuxo e Sergio, dous grandes aliados na tarefa de concienciación ambiental. Nun día radiante de sol ☀️, o alumnado recolleu quilos de lixo: plásticos, zapatillas e todo tipo de residuos que nunca deberían rematar no mar 🌊.

🌍 Xuntos, demostramos que un mar sen lixo é posible!Pequenos xestos que marcan a diferenza para coidar o noso planeta 

Foi unha xornada para lembrar, non só polo traballo en equipo e o bo ambiente, senón tamén por unha anécdota inesperada: mentres tomaban un merecido descanso cun petisco saudable, produciuse o gran apagón eléctrico que afectou a toda España ⚡, facendo aínda máis memorable o día.

Ao longo desta xornada as nenas e nenos tomaron conciencia do impacto real do lixo nas praias e na fauna mariña 🐠.  Pois a natureza regálanos lugares marabillosos, como as nosas praias, pero tamén nos lembra que precisa do noso coidado.

✨ Cada pequeno xesto conta para evitar que os residuos acaben no mar.

🎬 Preme no vídeo Un mar sen lixo e descubre como a rapazada de 2º de Primaria fixo da Praia de Boiro un lugar máis limposostible 🌊