mércores, 18 de xuño de 2025

A CATIVDA DE 4º B DE INFANTIL EN ACCIÓN

 Pequenas accións, grandes cambios: 4ºB  de Infantil! 🌱🐚🌍 

Nos últimos tempos, o noso grupo de 4º B de Infantil estivo moi ocupado... ocupado coidando o planeta! 💪💚

Aprendimos que o medio ambiente é algo que temos que protexer entre todas e todos, e nós puxémonos mans á obra, ou mellor dito... mans á terra, ás botellas, ás cunchas e ás redes!

Fixemos moitas actividades para coñecer mellor o medio mariño e conectarnos coa natureza:

🐚 Manualidades mariñas: creamos botellas con fondos mariños cheos de vida e imaxinación, decoramos con cunchas de diferentes formas e tamaños, e convertimos a aula nun pequeno océano cheo de creatividade.

🏛️ Visitamos o Museo Marea de Porto do Son: alí aprendemos moitísimo sobre o mar, os seus habitantes e o importante traballo das persoas do mar.

🧵 As redeiras ensináronnos como cosen as redes rotas que traen os barcos de pesca. Que paciencia e habilidade teñen! Ficamos abraiados coa súa arte!

🌅 Ollamos ao horizonte e soñamos con mares limpos, peixes felices e persoas comprometidas co planeta.

🌼 Pero tamén coidamos a terra: hai tempo sementamos uns "tagetes" e agora levámolos para casa en macetas ben chulas. Entre as plantas vivía un caracol curioso que nos acompañou uns días, e antes de rematar... recibimos a visita dunha vacaloura! 🪲 Si, si, un escornabois de verdade!

Cada pequena cousa que fixemos foi unha semente de conciencia ecolóxica. Porque queremos un mundo máis limpo, máis verde e máis azul 💙💚.

Así que se ves que a mochila vai chea de cousas mariñas ou con olor a terra… xa sabes por que é 😉

👉 Clica na imaxe para descubrir algunha outra sorpresa que seguro se nos escapa entre tantas aventuras ambientais. 📸🌍