mércores, 4 de xuño de 2025

AS FRAGAS DO EUME, 5º DE PRIMARIA

 

🌿 Aventuras salvaxes nas Fragas do Eume! 🐍🌳

O luns 2 de xuño, a rapazada de 5º de Primaria viviu unha xornada chea de natureza, aprendizaxes e moooita emoción! 🚣‍♀️🌿 Grazas á colaboración con Patricia, a técnica de medio ambiente do Concello de Ames, organizamos unha saída espectacular ao corazón verde de Galicia: o Parque Natural das Fragas do Eume.

Este parque é un dos máis máxicos de Galicia! 💫 Alí podemos atopar un auténtico tesouro de biodiversidade:
🌳 Carballos, castiñeiros, bidueiros, abeleiras...
🌿 Fentos, musgos... que parecen sacados dun conto de fadas.
🦇 Animais como morcegos, lobos, moucho común, e moito máis!

🛶 Aventura en Pontedeume

Pola mañá, a rapazada partiu cara a Pontedeume, onde nos esperaban os kayaks 🛶. A rapazada gozou dunha divertida travesía remando pola ría… ¡con algún que outro salpicón! 💦😄

Logo, Juanjo, o noso guía, organizou unha xincana polos recunchos desta vila mariñeira. Tiñan que atopar monumentos escondidos e preguntar á xente desta vila polas lendas do lugar, para este xogo precisaban resolver pequenas misións en equipo. Un xeito xenial de aprender mentres xogamos!

🥪 Xantar nas Fragas e... ¡sorpresas naturais!

Tras repoñer forzas cun xantar no parque, tocou camiñar polas máxicas Fragas do Eume. E alí comezou unha das partes máis alucinantes do día! 😮

Juanjo levounos por un sendeiro cheo de descubrimentos:

🦴 O cranio dun lobo e a pel ou "camisa" dunha serpe sorprendéronos a todos.

🌿 Contounos historias de meigas, que usaban plantas para curar aos enfermos. Así foi como descubrimos o couselo, unha planta que serve como "tirita natural" ( Juanjo amosounos como usala nunha feridiña dun compañeiro!).

🌕 Un neno mesmo atopou un bagalume.

🦉 Trouxo un aparello que imitaba o son dos mouchos (e case nos asustamos!).

💚 Juanjo contounos unha curiosidade moi interesante, que nestes fragas vive un lagarto sen patas que parece a cría dunha serpe. Trátase do liscante, quen ía dicir que había un lagarto sen patas!

💡 Tamén aprendemos sobre especies indómitas, como o caracol Quimper e a salamantiga rabilonga que están a invadir este fermoso espazo natural.

🎬 E agora… ¡a non perderse o vídeo!

Queres ver como se divertiron, aprenderon e descubriron cousas sorprendentes? Pois dálle ao play e acompáñanos nesta xornada inesquecible 💚:

👉 Clicade no vídeo para vivir con nós esta aventura nas Fragas!


🌍 Porque coidar o medio ambiente tamén é conectarse coa natureza, aprender a respectala… e pasalo bomba mentres o facemos! 😄

Grazas Juanjo  por regalarnos esta experiencia tan chula!
E si, a resposta é SÍ: queremos repetir! 😉