🎥 Un faladoiro moi especial… ¡na casa de Manu!
O martes 28 de maio, a nosa aventureira cativada de 4º B de Infantil viviu unha experiencia moi diferente aos faladoiros habituais: en lugar de recibir unha visita no cole… fomos nós quen fixemos a visita! 🏃♀️🏡
A quen visitamos? Pois nada máis e nada menos que a familia de Manuel, un dos nosos compis da aula. Como Manu vive moi preto do cole, fixemos un pequeno paseo a pé ata a súa casa. Venus e Chema, os seus pais, viñeron ao cole a buscarnos e logo nos guiaron con moita ilusión ata o seu fermoso xardín.
🌳 Ao chegar, mergullámonos nun verdadeiro paraíso verde. Descubrimos:
🍓 Plantas de frambuesas que xa deixaban entrever os seus futuros froitos.
🫐 Árbores de arándanos que estaban cheíños de boliñas!
🌺 Roseiras cheas de rosas coloridas e moi perfumadas.
🌸 Xeranios, un magnolio… !
Despois deste paseo botánico, Venus sorprendeunos cunha deliciosa merenda caseira. Fixo uns pasteis de chocolate sen azucre que estaban… ¡de lambetadas! 😋 Saudables, doces e feitos con moito amor.
Pero aínda había máis diversión! 🌀 No xardín, Manu ten unha cama elástica onde os rapaces e rapazas saltaron, riron e brincaron sen parar.
🎬 E como non queremos que vos perdades nin un salto, nin unha risada, aquí vos deixamos este vídeo resumo da xornada:
👉 Dálle ao play e desfruta connosco desta visita tan especial!
GRAZAS de corazón a Chema, Venus e Manu por abrirnos as portas da súa casa e do seu xardín 💚. A experiencia foi tan divertida e educativa, que… ¡a cativada xa está pedindo repetir o curso que vén! 😄
🌱 Porque aprender tamén é compartir momentos e falar con familias.