De ruta… e ata o espazo! 🚀🌿
O 27 de marzo a rapazada de 6º de primaria viviu unha xornada do máis completa e especial 😍. Saíron de ruta coa profe de Educación Física, combinando natureza, actividade física e ciencia nun mesmo día 💪🌿🔭.
A ruta foi curtiña (5 km), pero moi ben aproveitada, xa que a compartiron cunha visita moi especial ao observatorio astronómico de Santiago 🌌.
Comezaron o percorrido dende o propio observatorio e foron pasando por lugares moi chulos como a carballeira de San Lourenzo 🌳, a ponte Sarela, a pontella da Ribeira de San Lourenzo, a fonte lavadoiro 💧, a capela do Carme de Abaixo, o parque de Galeras e o fermoso parque da Alameda 🌼, o miradoiro da catedral de Santiago 🏰, o monumento de Rosalía de Castro, unha figura moi importante da nosa cultura ❤️📖.
E logo… volta ao punto de partida: o observatorio astronómico! 🚶♂️
Alí foi onde viviron unha das experiencias máis sorprendentes do día 🤩. No observatorio astronómico, a cativada puido achegarse ao mundo do espazo, coñecer como funcionan os telescopios 🔭 e aprender un montón de cousas sobre planetas, estrelas e galaxias 🌍✨. Foi unha visita moi interesante e que lles deixou a todos coa boca aberta 😲.
Sen dúbida, foi un día para lembrar: natureza, exercicio, aprendizaxe e moita diversión 💚
👉 Desfrutade vendo o vídeo, onde poderedes observar á cativada contemplando o espazo e gozando da experiencia 🌌🎥. Seguro que vos encanta!
