xoves, 7 de maio de 2026

AÍ VEÑEN OS MAIOS!!!

🌼 Celebramos a primavera cos maios

A cativada máis pequena do cole, o alumnado de 5º e 6º de Infantil, celebrou un ano máis a chegada da primavera coa tradicional festa dos maios 🌸🌿

Como xa fixemos nos últimos anos, as familias colaboraron traendo desde as casas moitas flores, follaxe e plantas para encher o cole de cor e alegría 💐✨

Con todo ese material, os nenos e nenas construíron no cole uns maios altos, coloridos e ben fermosos, deixando voar a súa imaxinación e traballando en equipo 🤝🌼 Ademais, tamén elaboraron unhas preciosas coroas de flores para lucir nas súas cabezas 🌺👑

Foi unha xornada moi especial, chea de risas, ilusión e moita primavera 🌞🎶 A verdade é que o pasaron xenial e iso notábase nos seus sorrisos 😊

🌿 Aí veñen os maios! 🌿

Animámosvos a ver o vídeo para que vexades o ben que o pasaron neste día tan divertido e especial 💚🎥