xoves, 7 de maio de 2026

O COIDADO DA HORTA NO INVERNADOIRO, 3º A PRIMARIA

 Así coidamos a nosa horta 🎬🌿

A rapazada de 3ºA volveu ao invernadoiro 🌿🏡… lembrádesvos del? 😉 Xa vos contaramos hai un tempo como comezaran esta aventura!

Pois ben, co paso dos días, as plantas medraron un montón 🌱✨, grazas ao seu coidado e a regalas con moito agarimo 💧💚. Pero claro… non só medran as plantas da horta 😏… tamén apareceron as malas herbas 🌿!

Así que tocou poñerse mans á obra 💪: regar, arrincar herbas e coidar todo con moita atención. E sabedes que? Fixérono xenial! 🙌 No vídeo poderedes ver o ben que traballan en equipo 🤝 e o responsables que son 👏

Aínda que… non todo foi perfecto 😂 Houbo algún que outro susto e momento divertido:
💧 Algún acabou coa roupa mollada ao caerlle auga da regadeira
🌱 E incluso… alguén arrancou unha cebola pensando que era unha mala herba! 😅

Pouco a pouco están descubrindo que coidar unha horta leva máis traballo do que crían 👀, pero tamén moitas satisfaccións 💚

Agora están desexando que chegue o momento para poder levar para casa algunha leituga 🥬 ou un pouco de perexil 🌿… aínda que para colleitar coliflor, romanescu ou tomates 🍅… haberá que esperar un pouco máis ⏳😉

🎥 Desfrutade do vídeo con nós e acompañade a 3ºA nesta aventura tan natural 🌱🎬

Seguro que vos saca un sorriso! 😄