xoves, 14 de maio de 2026

FALADOIRO: AS CORES DA LUZ DO SOL, 5º A INFANTIL

A rapazada de 5ºA de Infantil recibiu unha visita moi especial 😊. Dentro dos nosos faladoiros, tivemos a sorte de contar con Anxo, o papá de Breixo, que veu compartir connosco unha actividade moi interesante titulada “As cores da luz do Sol” ☀️🌈.

Durante o faladoiro explicounos que a luz do Sol, aínda que parece branca, está formada realmente por todas as cores do arco da vella: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, añil e violeta 🎨✨.

Tamén aprendemos que cando a luz atravesa un material transparente, como un prisma ou as pingas de auga, esta refráctase e sepárase nas súas diferentes cores. Este fenómeno coñécese como dispersión 🌈🔍.

Anxo tamén nos falou do científico Isaac Newton, quen na década de 1660 descubriu que a luz solar está composta por diferentes cores. Newton deixou pasar a luz do Sol a través dun prisma de vidro e observou como aparecía un fermoso arco da vella 🌞➡️🌈.

Pero o mellor chegou cando fixemos os nosos propios experimentos coa luz 🔬💡. Gustáronnos tanto que decidimos escribir os pasos para poder repetilos nas nosas casas.

🧪 Experimento: Simulamos a dispersión de Rayleigh

Materiais:
🔹 Un tanque transparente con auga
🔹 Unhas gotas de leite
🔹 Unha lanterna de luz branca
🔹 Unha sala escura

Pasos:
1️⃣ Enchemos o tanque con auga.
2️⃣ Apuntamos coa lanterna cara ao tanque desde un lado.
3️⃣ Engadimos unhas gotas de leite, xa que as moléculas do leite actúan como dispersores.

👀 Observamos que a luz que atravesaba o tanque víase azulada, igual que o ceo ☁️💙, mentres que a luz que saía polo outro lado aparecía avermellada, como sucede nos solpores 🌅❤️.

Foi unha experiencia moi divertida e sorprendente, na que aprendemos ciencia dunha forma práctica e emocionante 🧠✨.

💚 Grazas, Anxo, por compartir o teu tempo connosco e por ensinarnos tantas cousas dunha maneira tan chula!

🎥 Desfrutade do vídeo onde podemos descubrir e gozar das marabillosas cores da luz!