domingo, 7 de xuño de 2026

ANDAINA POLA CONTORNA, 1º PRIMARIA


 🐴 Andaina ata o Parque dos Cabalos

A cativada de 1º de Primaria desfrutou dunha estupenda xornada ao aire libre participando nunha andaina organizada pola mestra de Educación Física. 🚶‍♀️🚶‍♂️🌿

O percorrido levounos polos arredores do cole ata chegar ao parque da Condomiña, tamén coñecido como o coñecido Parque dos Cabalos en Bertamiráns. Durante o camiño aproveitaron para observar a natureza, conversar cos seus compañeiros e gozar dunha agradable mañá ao aire libre. 🍃😊

Ao chegar ao parque, fixeron unha parada para repoñer forzas cun saudable petisco. 🍎🥪💧 Despois chegou o momento de correr, xogar e explorar os diferentes xogos construídos con elementos naturais. 🌳🪵🎉

Pero a aventura non rematou aí! Un dos momentos que máis ilusión lles fixo foi poder observar os cabalos que se atopan moi preto do parque. 🐴💚 Miráronos con moita atención e desfrutaron vendo como se movían e pastaban tranquilamente, mesmo houbo un cabalo que se acercou a eles.

Foi unha mañá chea de natureza, descubrimentos e diversión. Que ben o pasamos! 😄🌿

📸 Clica na imaxe e acompáñanos nesta fantástica aventura ata o Parque dos Cabalos.