🐴 Andaina ata o Parque dos Cabalos
A rapazada de 2º de Primaria desfrutou dunha fermosa xornada ao aire libre participando nunha andaina organizada polas mestras de Educación Física. 🚶♀️🚶♂️🌿
O percorrido levounos polos arredores do cole ata chegar ao Parque da Condomiña, tamén coñecido como o "parque dos Cabalos" de Bertamiráns. Durante o camiño puideron observar a contorna, compartir momentos cos seus compañeiros e gozar da natureza. 🍃😊
Ao chegar ao parque, tocou facer unha parada para repoñer forzas cun saudable petisco. 🍎🥪💧 Despois, chegou un dos momentos máis agardados: xogar e explorar os diferentes xogos construídos con elementos naturais. 🌳🪵🎉
Aínda que o ceo ameazaba con chuvia ☁️🌧️, finalmente o tempo acompañou e puideron aproveitar ao máximo esta experiencia tan especial.
Que ben o pasamos! 😄💚
📸 Clica na imaxe e desfruta con nós desta fantástica aventura.
