domingo, 21 de abril de 2024

OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA ESTÁN A PLANTAR...

 Coa chegada da primavera comeza o tempo de arrincar as malas herbas, preparar o terreo para plantar e otros traballos necesarios para adornar os xardíns e ter a horta preparada para unha nova colleita. Así é que estivemos adicando estas últimas semanas a  preparar os xardíns do patio de Primaria para a súa replantación con plantas ornamentais (xeranios, calas, begoñas...).

Por último dicir, que os rapaces e rapazas de Primaria, ao igual que os de Infantil, tamén  quixeron reutilizar as rodas dos coches para plantar amorodos e outras plantas ornamentais.

No seguinte vídeo os rapaces e rapazas de 2º B plantaron amorodos nas rodas.


Por último, coa chegada da primavera adecentamos os xardíns que están na entrada do colexio. Bótalle un ollo.




OS NENOS E NENAS DE INFANTIL PLANTAN EN RODAS

 Un dos obxetivos do programa de Voz Natura é fomentar o consumo responsable, ademáis de que o alumnado estea en contacto coa natureza. Con este obxecto, puxémonos en contacto cun taller de recambio de rodas e pedímoslle algunha roda para que os nenos e nenas de Infantil plantaran nelas.

Os máis cativos e cativas do Agro teñen ganas de traballar, polo que se adicaron a plantar sementes, amorodos, salvia, tomiño... Desta maneira, é que puxeron o seu gran de area no coidado da contorna que nós rodea.

Clica na imaxe para desfrutar do traballo dos máis pequenos e pequenas do Agro.



xoves, 18 de abril de 2024

HOTEL DE INSECTOS

Cando pensamos nos insectos danos un pouco de..., normalmente son chamados "BICHOS" e intentamos telos o mási afastados de nós. É fundamental dar a coñecer aos nenos e nenas que a presencia de insectos no noso contorno é vital para o correcto funcionamento dos distintos ecosistemas e para que estes podan manterse en equilibrio (garantir a polinización e reprodución das plantas...).

Os rapaces e rapazas do colexio do Agro do Muiño, en colaboración co concello de Ames, queren aportar o seu gran de area no coidado do medio ambiente e por esta razón foi que construimos dous hoteis de insectos. Un deles está ubicado no patio de Educación Infantil e o outro está no patio de Educación Primaria.

Se clicas nas seguintes imaxes poderás desfrutar da aportación dos rapaces e rapazas do Agro ao coidado do medio ambiente. Anímate a clicar... e desfrutar








martes, 2 de abril de 2024

SAÍDA Á GRANXA- ESCOLA "FERVENZAS A TOXA"

 Os nenos e nenas de 6º de Infantil realizaron unha saída ambiental 'a Granxa-escola As Fervenzas de A Toxa (en Silleda) coa que puideron desfrutar dunha xornada en contacto coa natureza.

Unha vez alí, realizaron diferentes tarefas que levan a cabo as persoas que traballan nunha granxa. Coma foi: plantar brécoli no invernadoiro, dar de come aos animais (becerro, cabalo, galiñas, patos...).

Anímate a clicar na imaxe e bótalle un ollo ao vídeo e poderás observar o ben que o pasaron os rapaces e rapazas de 6º de Infantil.




xoves, 22 de febreiro de 2024

O XARDÍN DE ROSALÍA

 O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro no colexio Agro do Muiño, de entre todas as actividades que realizamos neste día, destacamos O XARDÍN DE ROSALÍA.

Os rapaces e rapazas de Educación Infantil plantaron no Xardín de Rosalía, unha  das flores favoritas da escritora galega, o pensamento. 

Agardamos que desfrutedes visionando o vídeo.



martes, 13 de febreiro de 2024

HERBARIO REALIZADO POR 5ª DE INFANTIL

O lema do programa de Voz Natura do presente curso é FAUNA E FLORA AUTÓCTONAS, polo que a maioría das actividades que levamos a cabo no colexio do Agro están relacionadas con esta temática. Por esta razón os rapaces e rapazas de 5º de Infantil están a realizar un herbario.

Con esta actividade os nenos e nenas aprenden a recoñecer plantas da contorna, os seus usos, a maneira correcta de cortar, secar e prensar as plantas recolectadas...

Fai click na seguinte imaxe para poder desfrutar dunha breve mostra do traballo realizado por estes e estas entusiastas rapaces e rapazas ( por cuestións de dereitos de imaxe, o seguinte vídeo só é da aula de 5ºA de Infantil) .



luns, 29 de xaneiro de 2024

CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ: A ÁRBORE DOS DESEXOS POLA PAZ MEIOAMBIENTAL


No colexio do Agro estamos a desenvolver o programa de Voz Natura , este curso estámolo a adicar á  "Flora e fauna autóctona". Polo que para esta ocasión quixemos relacionar o DÍA DA PAZ co coidado do do medioambiente e entre todos e todas fixemos unha ÁRBORE DOS DESEXOS pola PAZ MEDIOAMBIENTAL.


Ademais,  cremos que  os rapaces e rapazas deben ser axentes proactivos polo coidado do medio ambiente. Polo que é importante que tomen conciencia dos problemas medioambientais que os humanos  estamos a causar coas nosas accións (consumo irresponsable, contaminación, vertidos químicos nos ríos e mares,  microplásticos, incendios...) e busquen solucións a estes problemas.

A actividade para a celebración do Día da Paz, consiste en que cada aula, tanto de Infantil coma de Primaria, plantexa un desexo para lograr a PAZ MEDIOAMBIENTAL. Entón,  cada aula escribiu a súa mensaxe en follas de castiñeiro que posteriormente colocamos na ÁRBORE DOS DESEXOS.  

En fin, cos desexos escritos e outras accións que levamos a cabo ao longo de todo o curso, é que , pouco a pouco, vamos preparando o camiño para alcanzar a Paz Medioambiental.

A continuación poderedes ver todos os desexos que plantexan os rapaces e rapazas do Agro.