mércores, 28 de maio de 2025

OS VERMES DE SEDA NO AGRO

 

🐛✨ Do verme á volvoreta... unha aventura chea de vida! 🦋🌱

Coa chegada da primavera, algo máxico pasou no cole do Agro... Uns visitantes moi especiais chegaron ás aulas,  dende os máis pequenos ata os de Primaria:
🎉 OS VERMES DE SEDA! 🎉

🌿🧡 Os vermes de seda conquistan o Agro! 🐛🦋

Ao principio eran moi pequerrechos, case invisibles... pero a rapazada encargouse de darlles todo o que precisaban:
🍃 Buscar follas fresquiñas de moreira
🧼 Limpar as súas casiñas (caixas de cartón ou peceiras)
🏡 Levalos ás súas casas durante as fins de semana e as vacacións da Semana Santa

🧐 Día tras día, puideron observar como medraban, facían os seus casulos e se transformaban en  volvoretas. Un proceso cheo de aprendizaxe, emocións... e moita paciencia!

E como colofón final:
🦋 Liberaron as volvoretas nos xardíns do cole, despedíndoas cun sorriso e moita ilusión.

💚 Foi unha experiencia que serviu para fomentar o respecto polos seres vivos, a responsabilidade e a capacidade de marabillarse co ciclo da vida.

🎥 Non perdas o vídeo desta experiencia tan especial!
👉 Dálle ao play e revive connosco esta historia que comeza cun verme... e acaba voando! 🐛➡️🦋💨




IMOS DE ANDAINA ATA O PARQUE DA CONDOMIÑA , 2º DE PRIMARIA

 

🌿🚶‍♂️🚶‍♀️ Imos de andaina! 🏞️💪

O pasado luns 26 de maio, o alumnado de 2º de Primaria puxo rumbo a unha mañá chea de aventura e natureza. Comezaron cunha andaina desde o colexio do Agro ata o Parque da Condomiña 🌲👟. Esta actividade tan movida foi organizada pola súa profe de Educación Física.

💬 "Andar, respirar aire puro e pasalo xenial? Pois claro que si!"

Durante o traxecto, o grupo puido:
Sentir a natureza moi de preto
Mover o corpo con alegría
Compartir momentos únicos cos compañeiros e compañeiras

Cando por fin chegaron ao seu destino, o Parque da Condomiña, tocou o mellor momento:
🥪 Merenda na natureza
🧗‍♀️ Xogos sen parar! Subíronse aos troncos, tiráronse pola tirolina e correron sen parar!

E aínda lles quedaban folgos! 💥 Na volta pasaron pola aldea de Ortoño, descubrindo novos camiños para volver ao cole.

🎬 Non perdas o vídeo resumo desta xornada tan especial! Fai clic aquí abaixo e...

👉 Desfruta connosco desta aventura ao aire libre! 🌤️🌳



UN DÍA ENTRE PEIXES NO AQUARIO FINISTERRAE, 5º DE INFANTIL

 

🐠🌊 Un día entre peixes, focas... e moita ilusión! 🧒🦭

O pasado martes 27 de maio, a cativada de 5º de Infantil embarcouse nunha aventura mariña que non esquecerán! Pola mañá, puxeron rumbo á cidade da Coruña para visitar o marabilloso Aquario Finisterrae. Pero antes de chegar… houbo tempo para facer turismo!

🔭 Desde o bus puideron ver:
🏰 O Castelo de San Antón
🌪️ A Torre de Hércules, ese faro máxico que vixía o Atlántico

E por fin… chegaron ao acuario! 🎉 Alí agardábaos un mundo mariño cheo de sorpresas:

🐟 Peixes de todas as cores e tamaños
🦈 Tiburóns que nadaban sen parar
🦭 Focas simpáticas que lles fixeron moita graza
🌊 Pantallas interactivas, túneles submarinos e ata exposicións feitas con material de refugallo, para aprender que o mar tamén precisa que o coidemos!

Pero isto non foi todo… Acompañados por Dani, o monitor do acuario, a cativada mergullouse nun océano de descubrimentos:

🐙 Coñeceron ao polbo Pol, moi espelido e curioso
🐚 Viu unha batea de mexillóns e un banco de sardiñas que nadaban todas xuntiñas sen chocar
😮 As morenasy os congrios deixaron a máis de un coa boca aberta (ou pechada, de medo!)
🥚 Descubriron ovos de tiburón e de raias, como auténticos científicos
⭐ Tocaron calaliños e estrelas de mar
🐋 Dani ensinoulles algúns ósos de baleas que atoparon mortas preto do acuario… por tragar plásticos no mar. Un momento moi impactante que lles fixo pensar no importante que é non contaminar e coidar o océano 🌍♻️
🐟 Viron tamén meros, rodaballos, lubinas, douradas… e ao gran protagonista: o tiburón Gastón!

🧭 E como non, visitaron o mítico Nautilus do Capitán Nemo, un lugar máxico que lles fixo voar a imaxinación

🍎 Para rematar a xornada, foron merendar á pradeira da Torre de Hércules, para repoñer enerxías .

Ao final, voltaron cansaos pero felices, cun montón de historias que contar.

🎥 Non perdas o vídeo desta saída tan especial!
👉 Dálle ao play e mergúllate connosco nesta aventura baixo o mar! 🌊🐠



domingo, 25 de maio de 2025

A PATRULLA VERDE DO AGRO ESTÁ EN ACCIÓN

 

♻️ O cole Agro vólcase co planeta!

A Patrulla Verde está en acción 💚🌍

No noso cole, o coidado do medio ambiente non é cousa só dos maiores... ¡Aquí todos e todas poñen o seu gran de area, desde os máis peques de Infantil ata os de Primaria! 🐛🌱

A rapazada do Agro do Muíño está feita unha auténtica brigada ecolóxica, que separa os residuos das súas merendas para botar nos nosos composteiros. Si, si, como o les: os restos orgánicos van parar a unhas caixas máxicas que converten as peles de froita e outros residuos nun ouro para a terra: o compost! 🍌🍎➡️🌱

🪱 Onde están os composteiros?

👉 No patio de Primaria, xunto ao noso invernadoiro, temos un dos composteiros máis traballadores do cole.
👉 No patio de Infantil, está o outro, no Triángulo das Árbores Froiteiras, rodeado de natureza e curiosidade infantil.

🦟 A misión (ás veces cheira e move...)

A tarefa non sempre é agradable… Porque ás veces, as moscas dos composteiros fan acto de presenza 🦟😖. Pero iso non para á nosa Patrulla Verde, que segue adiante con valor e compromiso, mesmo entre “ataques voadores”!

En Infantil, cada día toca a unha aula levar o cubo dos restos ao composteiro 🪣, mentres que en Primaria, organízanse en quendas semanais, vestindo chalecos verdes e con lúas postas 🧤 para que todos e todas os recoñezan.

Estes superherois e superheroínas ecolóxicos encárganse de:

  • Revisar que se separan os residuos correctamente

  • Botar os restos no composteiro

  • Vixiar que non haxa lixo no chan

  • Concienciar ao resto do cole

💚 Un recoñecemento moi especial

Queremos recoñecer o traballo de todo o alumnado, e moi especialmente das Patrullas Verdes, que fan unha labor importantísima día a día, axudando a que o cole sexa máis sostible, limpo e responsable co planeta 🌎✨.

🎥 Queres ver como traballan estes pequenos heroes verdes?
Preme no vídeo para descubrir como o Agro do Muíño se converteu nun cole comprometido co medio ambiente! 🍃💪



A PATRULLA VERDE DE 6º INFANTIL LIMPAN A PRAIA DE BROÑA

 

 Mans pequenas, corazóns grandes: limpeza na Praia de Broña 🌿

Descubrindo, coidando... e aprendendo na natureza!

O pasado 22 de maio, a cativada de 6º de Infantil do Agro do Muíño viviu unha xornada moi especial na Praia de Broña, situada na Serra de Outes. Rodeados de mar, montaña e moita natureza, os pequenos e pequenas converteron o areal nun aula ao aire libre, onde aprenderon que tamén poden axudar a coidar o planeta 🌍.

En colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames, organizamos unha xornada de limpeza na Praia de Testal, coa inestimable axuda de Xuxo e Sergio, dous grandes aliados na tarefa de concienciación ambiental, quen nos acompañaron unha vez máis nesta aventura de aprendizaxe e compromiso ecolóxico.

🌊 Un día para limpar, descubrir e xogar

Durante a mañá, os nenos e nenas percorreron a praia atentos a todo o que atopaban: tapóns, anacos de plástico, cordas, madeiras, envoltorios... Os cales foron retirados grazas ás pequenas mans do noso alumnado 💪💚.

Despois da recollida, houbo tempo para  tomar un breve petisco e, por suposto, xogar e desfrutar deste día. ✨.

💬 A natureza tamén fala... só hai que escoitala

A través desta experiencia, as nenas e nenos descubriron que a praia é un espazo vivo, que precisa do noso respecto. Comprenderon que todo o que tiramos ao chan pode acabar no mar e que incluso os máis pequenos poden facer cousas importantes para protexer o mundo que habitamos 🌱.

🎥 Se queres ver o ben que o pasamos e como traballou esta cuadrilla ecolóxica, preme no vídeo e mergúllate con nós nesta xornada de aprendizaxe e diversión! 🌈🌊




UN MAR SEN LIXO. LIMPEZA DA PRAIA DE TESTAL, 4º DE PRIMARIA

 

🌊 Un mar sen lixo! Limpeza na Praia de Testal, na ría de Noia

Pequenos xestos, grandes cambios 🌍

A contaminación mariña, especialmente a causada polos plásticos, supón unha ameaza real para os ecosistemas do noso planeta. Isto puido comprobalo de primeira man a rapazada de 4º de Primaria do colexio Agro do Muíño, que puxo mans á obra para protexer e coidar este espazo natural tan especial. 🐚

En colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ames, organizamos unha xornada de limpeza na Praia de Testal, coa inestimable axuda de Xuxo e Sergio, dous grandes aliados na tarefa de concienciación ambiental.

Nun día radiante de sol ☀️, o alumnado recolleu quilos de lixo: plásticos, zapatillas e todo tipo de residuos que nunca deberían rematar no mar 🌊.

💪 Xuntos, demostramos que un mar sen lixo é posible

A actividade foi unha oportunidade perfecta para traballar en equipo, convivir e tomar conciencia do impacto real do lixo nas praias e na fauna mariña 🐠. A natureza regálanos lugares marabillosos como as nosas praias... pero tamén nos pide axuda para manter o seu equilibrio.

Cada pequeno xesto conta para evitar que os residuos acaben no mar. E o noso alumnado demostrou que tamén os pequenos e pequenas poden facer cousas moi grandes polo planeta 💚.

🎬 Preme no vídeo e descubre como a rapazada de 4º de Primaria transformou a Praia de Testal nun lugar máis limpo, fermoso e sostible! 🌊



A CIENCIA CON CONCIENCIA, VISITA AO MUSEO DO MAR DE VIGO, 6º PRIMARIA

 

🌊 Ciencia con conciencia... no fondo do mar!

O pasado 20 de maio, o alumnado de 6º de Primaria do Agro embarcouse nunha aventura mariña con moito salitre, ciencia e diversión. Dentro do noso proxecto "Ciencia con conciencia no mundo mariño", fixemos unha saída ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, acompañados pola técnica de medio ambiente do concello de Ames, Patrícia Reboreda. Grazas, Patrícia! 🙌

🚌 Comeza a viaxe!

Moi cedo, subimos ao autobús cargados de ilusión (e algún bocata nas mochilas). Tras unha animada viaxe, chegamos ao Museo do Mar de Galicia, un espazo único onde aprendemos, descubrimos e ata nos sorprendeu algunha que outra criatura mariña 🐠.

🐚 O Museo do Mar: onde a historia se mergulla

O museo está situado xunto ao mar e ocupa un antigo estaleiro. É un lugar máxico onde se mesturan a historia da pesca, as embarcacións tradicionais, a bioloxía mariña e ata os instrumentos científicos que se empregan para estudar os océanos. Alí puidemos ver:

  • Réplicas de barcos antigos e redes de pesca

  • Unha exposición sobre a historia da conserva en Galicia (as míticas latas de sardiñas!)

  • Mostras de fósiles mariños e curiosidades que semellan doutro planeta 🌍

🐟 O acuario: unha xanela ao Atlántico

A visita ao acuario foi un dos momentos máis agardados. Aínda que é pequeno, ten moito encanto! Nel vimos:

  • Peixes autóctonos da costa galega, como robalizas, polbos 🐙 e maragotas

  • Unha recreación do ecosistema mariño que nos fixo sentir no fondo do mar

  • Medusas que se movían con elegancia máxica

🔭 O faro: vistas de altura

Subimos ata o faro do museo, dende onde gozamos dunhas vistas espectaculares da ría de Vigo, as Illas Cíes e o porto. Un momento para respirar fondo e admirar a beleza do noso entorno natural 🌅

🏖️ Praia, bocata e xogos!

Rematada a visita, tocaba repoñer forzas. Comemos na praia de Samil e, como premio á nosa curiosidade científica, desfrutamos dun tempo de lecer con xogos, risas e algún chapuzón (ou case).

🎥 Se queres ver o ben que o pasamos, preme no vídeo que che deixamos a continuación. Seguro que che sae un sorriso!