mércores, 18 de decembro de 2024

MERGULLÁMONOS CON CONCIENCIA NO AGRO DO MUÍÑO

A rapazada do Agro do Muíño tómase en serio o coidado do medio ambiente, e máis en concreto, o da vida mariña. Somos conscientes qué importante levar a cabo a regra das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Reutilizar é a acción que permite volver a utilizar os materiais de refugallo e darlles un uso igual ou diferente a aquel para o que foron concebidos. Desta maneira conséguese que a primeira vida útil sexa máis longa.

Afortunadamente, as sociedades cada vez imos tomando máis conciencia do impacto ambiental que o ser humano produce, e adoptamos medidas sostibles para o medio ambiente, reutilizando materiais que de outra maneira se desbotarían para satisfacer necesidades novas, reducindo a explotación de recursos e o gasto enerxético.

O noso centro vai camiñando nesta dirección e así o amosan os nenos e nenas  realizando animais mariños con diverso material de refugallo, tales como cartón, botellas, caixas, botes de champú, capsulas desbotables de café, chapas, tapóns...

Con esta actividade ademais de tomar conciencia do coidado do medio ambiente tamén desenvolveron a súa imaxinación e creatividade. Preme na imaxe e MERGÚLLATE CON CONCIENCIA NO AGRO DO MUÍÑO.





venres, 6 de decembro de 2024

UN EXPERIMENTO CON 1º A, O SLIME

 O alumnado de 1º A segue a desfrutar coa ciencia e realizou un novo experimento, O SLIME. Este é unha masa viscosa, parecida a un moco e que ademais é pegañenta. Os nenos e as nenas  desfrutan sentido como esta masa se lles escorre entre os dedos.

Cando a mestra lles dixo que ían facer un Slime ,todos e todas puxéronse mans na masa. Precisaron os seguintes ingradientes:

  • 10 culleradas de fariña de trigo ou fariña de millo
  • 100 ml de auga
  • Gotas de colorante alimenticio 
  • 20 ml de aceite.
Nun recipiente de plastico botaron os ingredientes anteriores e os mesturaron. Como resultado final lograron unha masa viscosa que levaron ás súas casas.

Según puideron comprobar os SLIME quedan mellor se se emprega fariña de millo en vez da de trigo.

Calquera que vexa como traballaron a estes rapaces e rapazas pensará que desfrutaron moito con esta experiencia. Preme na imaxe se queres comprobalo por ti mesmo ou mesma.
     


POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

Os cativos e cativas de 1ºA ao longo do outono realizou varias actividades relativas á redución e reutilización de materiais de refugallo. Entre elas está a elaboración de trompos con materiais de refugallo. 

Aínda que xa hai tempo que o celebramos o San Martiño, non queríamos esquecernos dos trompos. Un dos xogos populares por excelencia, ao que na actualidade siguen xogando os nenos e as nenas. Os rapaces e rapazas cando xogan aos trompos teñen que facelos "bailar", tafera nada sinxela.

As buxainas poden ser de diferentes materiais: madeira coa punta metálica, toda ela de metal, de papel... A rapazada para essta ocasión elaborou os trompos con folios usados e con anacos de lá. 

No vídeo podemos ver como desfrutaron facendo "bailar" aos trompos de papel. Preme na imaxe se queres compartir este momento de ledicia.





xoves, 5 de decembro de 2024

FALADOIRO: O MUNDO MARIÑO (5º INFANTIL)

Un ano máis a cativada de 5º de Infantil recibiu a visita de Irene, a avoa científica. Ao igual que as veces anteriores veu a ensinarnos moita ciencia aos nenos e nenas.
Acostumada como está a tratar con rapaces e rapazas, acercoulles o mundo mariño á aula. Todos e todas  quedaron abraiados coas especies de flora e fauna mariña que trouxo e das curiosidades que lles contou. Como por exemplo, que nese día acaban de atopar o coral máis grande do mundo e que mide  quilómetros; que hai percebes brancos e que son moi raros de atopar; que hai peixes que teñen plumas; aves mariñas...  e moito máis que poderedes ver no vídeo.
Por útimo, dicir que agradecemos a Irene a súa colaboración que nos brinda ano tras ano... 
Preme na imaxe se queres ver como Irene conseguiu espertar a curiosidade dos máis cativos e cativas.


domingo, 1 de decembro de 2024

FALADOIRO: A AUGA CON ELENA GARCÍA (3º PRIMARIA)

El alumno de 3º de Primaria tivo a sorte de contar coa visita de ELENA GARCÍA ALONSO, licenciada en Ciencias Químicas e en Matemáticas. 

Elena compartiu con nós as dificultades que supoñía naqueles tempos quea unha muller fóra á Universidade e, que además, estudara una carreira de Ciencias. Tamén les contaremos algunas de sus experiencias como profesora de Secundaria de Física e Química y que fueron testigos de la evolución de la educación y de los dos avances tecnológicos que se transformaron como aulas.

Nos primeiros anos da súa experiencia docente empregou métodos tradicionais (pizarras e libros de texto como principios ferramentas). Pero co paso dos años comezou a empregar un enfoque pedagóxico que buscaba despertar el interés y la curiosidad científica, fomentar el pensamiento crítico y querer aprender. 

Así pois, desarrollamos experimentos prácticos y actividades interactivas que le permitirán a su alumno comprender conceptos complejos de manera tanxible y divertida. Disto último, a rapazada de 3º de Primaria foi testigo da su facilidad para ensenar conceptos complejos de una manera comprensible y tanxible. Algunos experimentos que realizaron sobre fluidos y flotabilidad ( Da Vinci, principio de Arquímedes ) y moléculas de agua (Cavendish).   Todos eles tiñan como nó de unión a AUGA.

Durante a súa visita os nenos e as nenas fixéronlle preguntas acerca de dos experimentos que realizaron. Para finalizar déronlle debuxos do retrato de Elena de cando estudaba na universidade. 

Preme na imaxe se quiere desfrutar esta experiencia, ao igual que lle pasou ao alumndo de 3º de Primaria.


A CIENCIA NO AGRO NO MES DE NOVEMBRO

 Ao longo do mes de novembro leváronse a cabo experimentos por doquier. Celebrouse a Semana da Ciencia, en colaboración de Patrícia Reboreda, técnica de medio ambiente do concello de Ames, foi quen coordinou e organizou uns interesantes experimentos que combinaron ciencia e vida mariña. Estes traballos tiveron lugar os días 14 e 15 de novembro.

Pero, ademais destes experimentos, se estiveron a desenvolver outros máis. Nestes días non era extraño entrar nas aulas e ver aos nenos e nenas realizando algún que outro  experimento.

Unhas veces experimentaban coas propiedades da auga, se os obxectos poden flotar ou afundir,  a tensión superficial que producen as moléculas, a acidificación, a composición dunha célula...

Así pois, por uns intres se converteron en científicos e científicas e realiozaron as diferentes fases necesarias para desenvolver unha investigación científica: primerio hai que plantexar as hipóteses, despois hai que contrastalas e descubrir o resultado.

Algúns dos experimentos que imos compartir son os que realizaron os cativos e cativas de Infantil.  Que pode pasar se botamos pementa na auga e poñemos xabón no dedo? Pegarase a pementa no dedo? Que pode pasar se botamos bicarbonato e xabón nun limón?

A rapazada de 5º de Infantil experimentou coa propiedade da densidade dos obxectos en contacto coa auga. Que pasará se botamos nun recipiente de auga unha pluma, un clib, un botón, un lapis, unhas tesoiras, unha cuncha...? Flota ou afúndese?

En 5ºB de Primaria realiza un experimento para amosar as partes dunha cécula sen necesidade de empregar un microscopio. Para este experimento empregou un ovo e vinagre. Ao final do experimento o ovo ten sorpresa. 

Non te perdas estas interesantes exprienzas e preme na seguinte imaxe para desfrutar destes experimentos.




FALADOIROS MICOLÓXICOS NO AGRO

 Coa chegada do outono a rapazada do Agro realizou varias actividades, como son:

  • Traer follas e froitos do outono.

  • Realizar receitas de productos típicos do outono (magdalenas de cabaza).

  • Andainas organizadas polas mestras de Educación Física.

  • Faladoiros micolóxicos.

  • Exposición de cabazas de Samaín

  • A Festa de Samaín é una festa que toda una comunidade educativa do Agro do Muiño, pero especialmente unha rapazada, que agarda con moita ilusión.

  • O Magosto, para esta ocasión, degustáronse castañas asadas, realizou xogos populares (birlos, a chave, esfollar millo, construcción con corozos…). Para rematar o día levouse a cabo unha foliada, con música e baile tradicional.


De entre todas as actividades anteriores, destacamos os FALADOIROS MICOLÓXICOS.
Beli é unha das coidadoras do colexio. Ademais é membro da asociación Sendeiriña, la nicraria Tamara, con sede en Negreira. Ao longo do outono realiza diferentes faladoiros micolóxicos e logra contacias o seu gusto pola búsqueda de cogomelos e coidado dos montes. Nestes aproveita para amosar os cogomelos que atopa nos montes da contorna, conta información dos mesmos (as partes, as características, se son comestibles e/ou tóxicos, onde se poden atopar, alguna curiosidade…) e fai fincapé na importacia do coidado do monte galego para mantener a súa biodiversidade. A maiores cómpre dicir que a asociación Sendeiriña, nicraria Tamara, acostuma a realizar unha exposición de cogomelos en Negreira durante un fin de semana do outono e nalgunha ocasión Beli acerca ao colexio dita exposición e comparte con nós unha xornada micolóxica.


Haga clic en la siguiente ligazón y se queres descubrir algunas curiosidades que agocha o noso monte galego.  https://www.elespanol.com/quincemil/vivir/20201024/guia-practica-recoger-setas-galicia-no-morir-intento/530697853_0.html

O alumnado de 5º de Infantil comezou o outono cunha coloriza exposición de follas de outono, rica en variedades de formas e cores. Ademais desfrutaron dun faladoiro micolóxico realizado por Beli. Clica na imaxe se queres ver o ben que o pasaron entre follas e cogomelos.



O alumnado de 1ºA deu entrada ao outono realizando unha exposición de cabazas, además de desfrutar dun faladoiro micolóxico. Preme na imaxe se queres ver o ben que o pasaron entre cabazas e cogomelos.


Para rematar o mes de novembro, o alumnado de 3ºB deu a benvida a Beli que contaxiou o seu entusiasmo polo mundo micolóxico. Preme na imaxe se queres ver o ben que o pasaron descubrindo algúns dos cogomelos que se atopan nos montes da contorna.