xoves, 30 de xaneiro de 2025

FALADOIRO: O PEIXE GLOBO

 Recibimos a visita dos papás de Iván, un neno de 5º B de Infantil. Estes realizaron un experimento sobre o peixe globo. Trouxéronnos a PUFI ( un peixe globo) e contáronnos un conto no que este era o protagonista e onde se poñía en valor a importancia de compartir.

Poidemos coñecer algunhas curiosidades deste peixe e comprobar como se inflan golpeando globos que contiñan unha mestura de bicarbonato e vinagre.

Foi moi divertido!!

Pero como o de verdade .... ese peixe podía ser tóxico, así que despois de xogar con eles lavamos ben as mans pero non os levamos á casa por precaución.

Tamén nos deron un agasallo coa inicial do noso nome que nos encantou.

Mirade, mirade:



domingo, 12 de xaneiro de 2025

A CIENCIA EN INFANTIL

 Ao longo do mes de decembro as nenas e nenos de Educación Infantil participaron en varios experimentos, empregando obxectos representativos do Nadal.

De novo, poñemos a bata e a mirada científica:  Plantexamos hipóteses (o que nos esixe pensar que cremos que vai ocorrer), comprobámolas e, finalmente, buscamos as razóns de por que o experimento resulta de tal xeito.

E así foi como camiñamos polo sendeiro da ciencia un mes máis...

Experimento da vela:

Nun prato con auga colocamos unha vela e prendémola. Ao tapala cun vaso vemos que a vela se apaga e o nivel da auga do prato comeza a descender mentres dentro do vaso sube.

Por que sucede isto? A vela apágase porque o osíxeno do interior do vaso se esgota e, polo tanto, non se pode facer a reacción de combustión.

Pero... Por que a auga comeza a meterse dentro do vaso? Sen a combustión, os gases do interior da botella enfríanse rapidamente. Así, o descenso da presión fai subir a auga.

Experimento da bolsa "boneco de neve":

Nunha bolsa, na cal debuxamos un boneco de neve, engadimos vinagre. Xiramos a bolsa para botar na parte de arriba bicarbonato e pechámola. Posteriormente, deixamos mesturar os elementos e vemos a reacción que se produce, comprobando as nosas hipóteses: para sorpresa da maioría, o bicarbonato reacciona co vinagre producindo dióxido de carbono, o que fai inflar a bolsa ata case explotar.

Experimento do debuxo que perde a cor:

Debuxamos nun papel un obxecto relacionado co Nadal, introducímolo nunha bolsa, repasamos cun rotulador permanente a silueta e introducimos a bolsa co debuxo nun vaso con auga. Observándoo desde arriba, vemos que o debuxo queda ser cor ao meterse na auga, quedando só visible a silueta. Porén, se miramos de frente, non só vemos a silueta senón tamén a cor e... o debuxo agranda!

Isto débese á refracción da luz; fenómeno polo cal a luz que se propaga en forma de onda cambia de velocidade ao pasar dun medio material a outro (do aire á auga).


PREME NA IMAXE E DESFRUTA COA RAPAZADA DE INFANTIL!!



mércores, 18 de decembro de 2024

MERGULLÁMONOS CON CONCIENCIA NO AGRO DO MUÍÑO

A rapazada do Agro do Muíño tómase en serio o coidado do medio ambiente, e máis en concreto, o da vida mariña. Somos conscientes qué importante levar a cabo a regra das 3R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.

Reutilizar é a acción que permite volver a utilizar os materiais de refugallo e darlles un uso igual ou diferente a aquel para o que foron concebidos. Desta maneira conséguese que a primeira vida útil sexa máis longa.

Afortunadamente, as sociedades cada vez imos tomando máis conciencia do impacto ambiental que o ser humano produce, e adoptamos medidas sostibles para o medio ambiente, reutilizando materiais que de outra maneira se desbotarían para satisfacer necesidades novas, reducindo a explotación de recursos e o gasto enerxético.

O noso centro vai camiñando nesta dirección e así o amosan os nenos e nenas  realizando animais mariños con diverso material de refugallo, tales como cartón, botellas, caixas, botes de champú, capsulas desbotables de café, chapas, tapóns...

Con esta actividade ademais de tomar conciencia do coidado do medio ambiente tamén desenvolveron a súa imaxinación e creatividade. Preme na imaxe e MERGÚLLATE CON CONCIENCIA NO AGRO DO MUÍÑO.





venres, 6 de decembro de 2024

UN EXPERIMENTO CON 1º A, O SLIME

 O alumnado de 1º A segue a desfrutar coa ciencia e realizou un novo experimento, O SLIME. Este é unha masa viscosa, parecida a un moco e que ademais é pegañenta. Os nenos e as nenas  desfrutan sentido como esta masa se lles escorre entre os dedos.

Cando a mestra lles dixo que ían facer un Slime ,todos e todas puxéronse mans na masa. Precisaron os seguintes ingradientes:

  • 10 culleradas de fariña de trigo ou fariña de millo
  • 100 ml de auga
  • Gotas de colorante alimenticio 
  • 20 ml de aceite.
Nun recipiente de plastico botaron os ingredientes anteriores e os mesturaron. Como resultado final lograron unha masa viscosa que levaron ás súas casas.

Según puideron comprobar os SLIME quedan mellor se se emprega fariña de millo en vez da de trigo.

Calquera que vexa como traballaron a estes rapaces e rapazas pensará que desfrutaron moito con esta experiencia. Preme na imaxe se queres comprobalo por ti mesmo ou mesma.
     


POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

Os cativos e cativas de 1ºA ao longo do outono realizou varias actividades relativas á redución e reutilización de materiais de refugallo. Entre elas está a elaboración de trompos con materiais de refugallo. 

Aínda que xa hai tempo que o celebramos o San Martiño, non queríamos esquecernos dos trompos. Un dos xogos populares por excelencia, ao que na actualidade siguen xogando os nenos e as nenas. Os rapaces e rapazas cando xogan aos trompos teñen que facelos "bailar", tafera nada sinxela.

As buxainas poden ser de diferentes materiais: madeira coa punta metálica, toda ela de metal, de papel... A rapazada para essta ocasión elaborou os trompos con folios usados e con anacos de lá. 

No vídeo podemos ver como desfrutaron facendo "bailar" aos trompos de papel. Preme na imaxe se queres compartir este momento de ledicia.





xoves, 5 de decembro de 2024

FALADOIRO: O MUNDO MARIÑO (5º INFANTIL)

Un ano máis a cativada de 5º de Infantil recibiu a visita de Irene, a avoa científica. Ao igual que as veces anteriores veu a ensinarnos moita ciencia aos nenos e nenas.
Acostumada como está a tratar con rapaces e rapazas, acercoulles o mundo mariño á aula. Todos e todas  quedaron abraiados coas especies de flora e fauna mariña que trouxo e das curiosidades que lles contou. Como por exemplo, que nese día acaban de atopar o coral máis grande do mundo e que mide  quilómetros; que hai percebes brancos e que son moi raros de atopar; que hai peixes que teñen plumas; aves mariñas...  e moito máis que poderedes ver no vídeo.
Por útimo, dicir que agradecemos a Irene a súa colaboración que nos brinda ano tras ano... 
Preme na imaxe se queres ver como Irene conseguiu espertar a curiosidade dos máis cativos e cativas.


domingo, 1 de decembro de 2024

FALADOIRO: A AUGA CON ELENA GARCÍA (3º PRIMARIA)

El alumno de 3º de Primaria tivo a sorte de contar coa visita de ELENA GARCÍA ALONSO, licenciada en Ciencias Químicas e en Matemáticas. 

Elena compartiu con nós as dificultades que supoñía naqueles tempos quea unha muller fóra á Universidade e, que además, estudara una carreira de Ciencias. Tamén les contaremos algunas de sus experiencias como profesora de Secundaria de Física e Química y que fueron testigos de la evolución de la educación y de los dos avances tecnológicos que se transformaron como aulas.

Nos primeiros anos da súa experiencia docente empregou métodos tradicionais (pizarras e libros de texto como principios ferramentas). Pero co paso dos años comezou a empregar un enfoque pedagóxico que buscaba despertar el interés y la curiosidad científica, fomentar el pensamiento crítico y querer aprender. 

Así pois, desarrollamos experimentos prácticos y actividades interactivas que le permitirán a su alumno comprender conceptos complejos de manera tanxible y divertida. Disto último, a rapazada de 3º de Primaria foi testigo da su facilidad para ensenar conceptos complejos de una manera comprensible y tanxible. Algunos experimentos que realizaron sobre fluidos y flotabilidad ( Da Vinci, principio de Arquímedes ) y moléculas de agua (Cavendish).   Todos eles tiñan como nó de unión a AUGA.

Durante a súa visita os nenos e as nenas fixéronlle preguntas acerca de dos experimentos que realizaron. Para finalizar déronlle debuxos do retrato de Elena de cando estudaba na universidade. 

Preme na imaxe se quiere desfrutar esta experiencia, ao igual que lle pasou ao alumndo de 3º de Primaria.